jueves, 29 de octubre de 2009

Os factores de producción

Os factores de producción son os recursos necesarios para producir bens e servizos.


Estes factores dividense en tres grandes grupos en funcuón das súas características:

A terra

O factor terra inclúe todos os recursos naturais e materias primas nacesarias para producir calquera ben ou servizo (as árbores para fabricar papel...)

Estes recursos naturais dividense en:

Renovables - son aqueles que a usalos non se esgotan. Exemplos: sol e vento.

Non renovables - son aqueles que se esgotan cando os utilizamos. Desta clase son sobretodo os recursos mineiros, como por exemplo o petróleo ou o cobre.

Mixtos - hai algúns bens que podemos clasificar así na medida en que o seu uso os esgota, pero unha explotación razoable e unha xestión sustentable nos permiten dispoñer deles sen límite de tempo.


O traballo

Toda intervención humana (física ou intelectual) que teña como obxetivo a producción de bens e servizos englóbase dentro deste factor.

A forma máis tradicional de traballar foi a manual, é dicir, aquel en que a producción depende da nosa intervención direcata para transformalo en un ben ou servizo. Algúns exemplos son a agricultura, a artesania...

A evolución da nosa sociedade levounos a outra clase de traballos máis intelectuais, como labores de coordinación, dirección, ensino...


O capital

É o conxunto de ferramentas, instrumentos e máquinas que nos facilitan a fabricación dos bens e servizos que necesitamos.

Hoxe en día, este factor engloba todo o necesario para fabricar bens e srvizos, tanto como os instrumentos e como as infrastucturas...

A difernecia entre bens de capital e bens de consumo é moi estreita e as veces vén soamente determinada polo uso que se fai do ben.

miércoles, 21 de octubre de 2009

A perspectiva económica, como elexir en economía




Elixir é sempre establecer unha orde de prioridades ente as diversas formas de usar os cartos e o tempo dispoñible.

Isto podese resumir en catro principios básicos:

1º principio: O custo de oportunidade das nosas decisións - é aquilo ao que se debe renunciar para conseguilo.

2º principio: Os custos irrecuperables ou os custos de erro - os custos do pasado son irrecuperables e non deben interferir nas nosas decisións actuais.

3º principio: A análise marxinal - supón que as persoas tomamos as decisións sopesando os beneficios adicionais fronte os custos adicionais no mesmo momento en que eleximos (ex: se mercamos uns vaqueiros temos que pensar se gastar un pouco máis por uns de marca ou un pouco menos por uns descoñecidos).

4º principio: As persoas móvense por incentivos - cando as persoas cambian o seu comportamento por obtér algún tipo de recompensa, dise que responden ante un incentivo.

Bens e servizos


Podemos definir bens como todas aquelas cousas que se consideran adecuadas para satisfacer as necesidades humanas.

Estes bens e servizos podemolos clasificar en:

Segundo a sús escaseza ou abundancia: poden ser bens económicos (son aqueles que non se atopan dispoñibles de forma libre, polo que hai que transformalos para que sirven) e bens libres (son abundantes e están dispoñibles sen esforzo económico).

Segundo a súa función: clasifícanse en bens de consumo (satisfán directamente unha necesidade, que a súa vez dividese en bens duradeiros, son de uso prolongado, e bens perecedoiros, desaparecen unha vez consumidos) e bens de producción (serven para producir outros bens).

Segundo o seu grao de elavoración: están os bens intermedios, que son os que requiren unha transformaciónpara chegar a ser bens finais.

Segundo a relación que manteñan entre si: podemos atopar os ben complementarios (que son necesarios consumir conxuntamemte) e os bens substutivos (son os que satisfán unha mesma necesidade).

Segundo se poidan compartir ou non: están os bens privados (ex: coche privado) e os bens públicos (ex: parque).

jueves, 15 de octubre de 2009

Concepto de economía


¿Que es economía?

Existen diversas definiciones para explicar que es la economía, aunque la más usada es:

1. La economía es la ciencia que estudia la conducta humana como una relación entre fines y medios escasos que tienen usos alternativos. Esto solamente se refiere a la microeconomía.

Pero también se estudia un aspecto de la realidad social.

La ciencia economica es considerada como una ciencia social, es decie, no es una ciencia exacta.

jueves, 1 de octubre de 2009

Concepto de necesidade


É a sensación de carencia de algo unida ao desexo de satisfacela. A economía interésase especialmente por aquelas necesidades cuxa satisfacción require o emprego de recursos escasos.

As necesidades poden dividirse en:

Necesidades primarias - son aquelas que son imprscindibles satisfacer para poder sobrevivir. Nunha sociedade desenvolvida estas necesidades están practicamente cubertas para a maioría da poboación. Pero ainda asi, en moitos paises non están garantidas.

Necesidades secundarias - estas son aquelas que xorden coa evolución e o desenvolvemento da sociedade, que tende a aumentar o nivel de satisfacción e benestar do individuo (ocio, comunicación...)



Grupo de economía de Trasancos 1ºBac



Presentamos o noso grupo de traballo que estudiará Economía rural de Jujuy.