jueves, 1 de octubre de 2009

Concepto de necesidade


É a sensación de carencia de algo unida ao desexo de satisfacela. A economía interésase especialmente por aquelas necesidades cuxa satisfacción require o emprego de recursos escasos.

As necesidades poden dividirse en:

Necesidades primarias - son aquelas que son imprscindibles satisfacer para poder sobrevivir. Nunha sociedade desenvolvida estas necesidades están practicamente cubertas para a maioría da poboación. Pero ainda asi, en moitos paises non están garantidas.

Necesidades secundarias - estas son aquelas que xorden coa evolución e o desenvolvemento da sociedade, que tende a aumentar o nivel de satisfacción e benestar do individuo (ocio, comunicación...)



No hay comentarios:

Publicar un comentario