jueves, 29 de octubre de 2009

Os factores de producción

Os factores de producción son os recursos necesarios para producir bens e servizos.


Estes factores dividense en tres grandes grupos en funcuón das súas características:

A terra

O factor terra inclúe todos os recursos naturais e materias primas nacesarias para producir calquera ben ou servizo (as árbores para fabricar papel...)

Estes recursos naturais dividense en:

Renovables - son aqueles que a usalos non se esgotan. Exemplos: sol e vento.

Non renovables - son aqueles que se esgotan cando os utilizamos. Desta clase son sobretodo os recursos mineiros, como por exemplo o petróleo ou o cobre.

Mixtos - hai algúns bens que podemos clasificar así na medida en que o seu uso os esgota, pero unha explotación razoable e unha xestión sustentable nos permiten dispoñer deles sen límite de tempo.


O traballo

Toda intervención humana (física ou intelectual) que teña como obxetivo a producción de bens e servizos englóbase dentro deste factor.

A forma máis tradicional de traballar foi a manual, é dicir, aquel en que a producción depende da nosa intervención direcata para transformalo en un ben ou servizo. Algúns exemplos son a agricultura, a artesania...

A evolución da nosa sociedade levounos a outra clase de traballos máis intelectuais, como labores de coordinación, dirección, ensino...


O capital

É o conxunto de ferramentas, instrumentos e máquinas que nos facilitan a fabricación dos bens e servizos que necesitamos.

Hoxe en día, este factor engloba todo o necesario para fabricar bens e srvizos, tanto como os instrumentos e como as infrastucturas...

A difernecia entre bens de capital e bens de consumo é moi estreita e as veces vén soamente determinada polo uso que se fai do ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario