jueves, 12 de noviembre de 2009

AXENTES ECONÓMICOS



As economías domésticas:

Estas están compostas poloas persoas, soas ou agrupadas en familias cuxa función é a de satisfacer as súas necesidades mediante o consumo de bens de servizo.

Coas rendas familiares deben decidir como distibuila: canto van gastar e en que tipo de bens, canto van afforar e para que...
Como estas rendas as veces non son suficientes para satisfacer todas as necesidades, deben elixir de maneira racional que bens se poden adquirir e cales non.


As empresas:

Son os axentes económicos cuxa función básica é a de producir bens e servizos que demanda a sociedade.

A racionalidade das empresas supón que o seu obxetivo é obter o máximos benefícios (diferecia entre os ingresos que obtén a empresa e os custos da súa produción).


O sector público:

É o ámbito dunha economía que está directamente controlada polo poder político. Está composto tanto polas administracións e organismos públicos como por empresas nas que participa o Estado.

Ademáis de realizar outras funcións , ten por obxetivo lograr o benestar colectivo. Estas función son, entre outras:

1- Proporcionar bens e srcicios básicos.
2- Correxir desigualdades.


Función básocas e obxectivos dos axentes:

As familias teñen unha función de consumo e como obxetivo maximizar o seu propio benestar elixido aqueles ben que máis as satisfán de acordo coas súas preferencias e o seu limitado orzamento.

As empresas teñen a función de producción e como obxetivo maximizar os seus beneficios utilizando eficientemente os recursos de que dispoñen para producir os bens e servicios de forma máis rendible.

O sector público ten como función a regulación do sistema e como obxetivo maximizar o benestar xeral utilizando os recursos de que dispón para producir os bens e servizos públicos necesarios e reducir as desigualdades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario