Os factores de producción son os recursos necesarios para producir bens e servizos.
Estes factores dividense en tres grandes grupos en funcuón das súas características:
A terraO factor terra inclúe todos os recursos naturais e materias primas nacesarias para producir calquera ben ou servizo (as árbores para fabricar papel...)
Estes recursos naturais dividense en:
Renovables - son aqueles que a usalos non se esgotan. Exemplos: sol e vento.
Non renovables - son aqueles que se esgotan cando os utilizamos. Desta clase son sobretodo os recursos mineiros, como por exemplo o petróleo ou o cobre.
Mixtos - hai algúns bens que podemos clasificar así na medida en que o seu uso os esgota, pero unha explotación razoable e unha xestión sustentable nos permiten dispoñer deles sen límite de tempo.
O traballoToda intervención humana (física ou intelectual) que teña como obxetivo a producción de bens e servizos englóbase dentro deste factor.
A forma máis tradicional de traballar foi a
manual, é dicir, aquel en que a producción depende da nosa intervención direcata para transformalo en un ben ou servizo. Algúns exemplos son a agricultura, a artesania...
A evolución da nosa sociedade levounos a outra clase de traballos máis
intelectuais, como labores de coordinación, dirección, ensino...
O capital É o conxunto de ferramentas, instrumentos e máquinas que nos facilitan a fabricación dos bens e servizos que necesitamos.
Hoxe en día, este factor engloba todo o necesario para fabricar bens e srvizos, tanto como os instrumentos e como as infrastucturas...
A difernecia entre bens de capital e bens de consumo é moi estreita e as veces vén soamente determinada polo uso que se fai do ben.